Sinopse

A inmortal Helena de Troia visítanos no século XXI. Xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con sinais que falan do implacable paso do tempo; alguén que habita nun esvaradoiro emocional transitado polos intensos episodios da súa vida na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris co rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos -Aquiles, Ulises- coa impotencia ante a crueldade da guerra.

Quen escribe a historia? Helena diríxese cara a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos cun relato apaixonado cheo de tenrura, humor, berro e dignidade.

Ficha técnica Adulto | Teatro | 60 minutos

Autoría: Miguel del Arco
Dirección: Xúlio Lago
Axudante de dirección: Lucía Regueiro
Tradución: Inma López Silva
Escenografía: Antonio F. Simón
Iluminación: Xúlio Lago
Son: Anxo Graña
Vestiario: Susa Porto
Música: Anxo Graña
Profesora de canto: Pilocha
Elenco: María Barcala


Teatro do Atlántico

En 2016 recibe o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Escénicas.

Constituída en l985, leva realizadas ata o momento 32 producións, entre outras: Casa de Bonecas, de Ibsen; A noite das Tríbades, de O. Enquist; Amor de don Perlimplín, de Lorca; O cerco de Leningrado, de S. Sinisterra; Unha primavera para Aldara, de T. Moure; O encoro, de McPherson; A raíña da beleza de Leenane, de M. McDonagh; Memoria de Helena e María, de R. Salgueiro; A charca inútil, de D. Desola, ou O principio de Arquímedes, de J.M. Miró.

As súas producións, representadas por toda Galicia, teñen realizado xiras por todo o Estado e participado en numerosos festivais nacionais e internacionais, sempre en lingua galega.

Os seus espectáculos levan acadado un total de 75 nomeamentos e 31 premios de teatro en todas as categorías: interpretación feminina e masculina, dirección, escenografía, texto orixinal, versión, iluminación ou mellor espectáculo.


Contratación

Eva Alonso — Chiripa Producións
639 397 722
eva@chiripa.es
Web

Descargas