Sinopse

Epifanía da mala filla.

A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardofranquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

Espectáculo para a memoria histórica.

TEATRO DO NOROESTE: 30 ANOS ACTUANDO
Exposición aberta durante os días de GEP na igrexa da Universidade, de 16.30 a 20.30 h.

Ficha técnica Adulto | Teatro | 90 minutos

Autoría: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso
Escenografía: J. Méndez
Iluminación: Eduardo Alonso
Vestiario: Equipo Taetro
Música: Chefa Alonso
Elenco: Luma Gómez, Imma António, Manuela Varela e Nini True


Teatro do Noroeste

En 2017 Teatro do Noroeste está de aniversario: 30 anos actuando. E tamén neste ano, o seu fundador, Eduardo Alonso, recibe o María Casares de Honra, Premio Marisa Soto, a toda a súa carreira.

Creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, comezou a súa actividade en 1987. Ten producido montaxes de textos clásicos como Medea, de Eurípides; Rei Lear, Macbeth, Noite de Reis ou Romeo e Xulieta, de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, basicamente galegos, como Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro; A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado; Campo Sur, de Lino Braxe; ou Glass City (Cidade de cristal), de Eduardo Alonso. Recibe tamén os premios María Casares por Imperial Café Cantante ou premio a mellor espectáculo por Último cowboy.

 


Contratación

Eva Alonso — Chiripa Producións
636 397 722
distribucion@chiripa.es / eva@teatrodonoroeste.com
www.chiripa.es / www.teatrodonoroeste.com
Promo espectáculo
Dosier y fotos
Facebook
Vídeo espectáculo completo

Descargas