Sinopse

Emoticores é un espectáculo de danza onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento e que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, ten como obxectivo axudar aos rapaces e rapazas e ao seu ambiente familiar a identificar as emocións.

Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para público familiar e concretamente para mozas e mozos de segundo ciclo de primaria (8-12 anos).

Ao igual que os adultos, os máis novos precisan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estes lugares de contacto e de expresión e, así, camiñar cara a un modelo educativo máis integrador, humano e creativo. Neste sentido, o traballo coas cores e o movemento preséntase como unha excelente ferramenta.

Ficha técnica Público familiar, especificamente 8-12 anos | Danza | 50 minutos

Autoría e dirección: Rut Balbís e Cristina Montero
Escenografía: Las Tricotouses
Iluminación e programación audiovisual: Afonso Castro
Son: Jas Processor
Vestiario: Teresa Gutiérrez
Unidade didáctica: Paula Pintos, Rut Balbís e Cristina Montero
Elenco: Cristina Montero e Alba Fernández Cotelo
Produción, foto e web: Manu Lago
Vídeo: Miramemira
Colaboran: Concello de Ferrol e Concello de Narón


Las Tricotouses

Las Tricotouses é a compañía formada por Cristina Montero e Rut Balbís. Emoticores (2017) é o seu terceiro espectáculo, despois de Momento Blooming (2014) e Só unha escusa (2012).

Emoticores foi seleccionado para o catálogo Danza a Escena 2017, Circuíto de Teatros Alternativos–Danza 2017, Circuíto da Rede da Comunidade de Madrid 2017.