Sinopse

Cando o circo é o protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional.

Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engadindo unhas pingas do mellor circo.

Acrobacias, saltos, portes e equilibrios para unha prometedora compañía que evolucionou desde a peza curta Tres al cubo, gañadora en 2014 do premio Off Circada, para presentar agora este espectáculo.

Espectáculo fundamentado principalmente nos equilibrios e saltos acrobáticos, con pinceladas de humor, mostra un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.

Ficha técnica Todos os públicos | Circo | 50 minutos

Autoría: Cirk About It
Dirección: Alfonso Alonso (El Gran Rufus)
Adaptación: Cirk About It
Tradución: Cirk About It
Escenografía: Marcos García e Paula Carrera
Iluminación: Herminio González
Son: Cirk About It
Vestiario: Chelo Ruiz e Trini Arce
Música: Varios
Elenco: Laura Barba Ruiz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García


Cirk About It

Vindos desde distintos lugares de España, os compoñentes desta compañía converxen nun mesmo punto e comparten a mesma paixón: o circo!

Circk About It é unha compañía nova que supón todo un revulsivo no panorama circense de Castela e León, especialmente na provincia de León, onde residen e contan con espazo de ensaio, adestramento e exhibición. Cunha formación fiel á súa enorme inquietude artística, é un exemplo dunha proxección e crecemento imparables, tanto no ámbito técnico coma artístico, desde que se fundara en 2013.

Entre os seus traballos cabe destacar o seu número curto Tres al cubo, gañador do Festival Circada 2014, e o seu actual espectáculo, El Apartamento, gañador do premio ao mellor espectáculo de rúa da Feira de Teatro de Castela e León de Ciudad Rodrigo 2016 e premio FETEN 2017 ao mellor espectáculo de rúa.


Contratación

María Mariño – Kandengue Arts
698 147 660
kandenguearts@gmail.com
Facebook
Vídeo

Descargas