Sinopse

Daniel, escritor galego emigrado a Madrid, volve á terra logo da morte de seu pai, con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren que Daniel con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces. Unha viaxe á súa orixe.

Castrapo fala do que fomos e xa non somos e do que somos e xa non seremos.

Ficha técnica Adulto | Teatro | 80 minutos

Autoría: Gustavo del Río
Escenografía: Marisa de Laiglesia
Vestiario: Fernando Cayazzo
Iluminación: Esther Aja
Música: Pandereteiras Lilaina
Asesoría dramática: Rebeca Vecino
Deseño gráfico: Sebastián Casanova
Promoción e distribución: Antonio Vázquez
Produce: Os Náufragos Teatro
Dirección: Gustavo del Río
Elenco: Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río

Agradecementos ao Centro Sociocultural Ágora da Coruña, Teatro Rosalía Castro e ás nosas familias, que forman parte desta volta á orixe.


Os Náufragos Teatro

Castrapo é a carta de presentación da compañía coruñesa, de recente creación, Os Náufragos.

Os seus integrantes, Gustavo del Río, Rebeca Vecino, Denis Gómez e Victoria Teijeiro, fan un traballo que vertebra a creación contemporánea desde a dramaturxia ata a súa posta en escena. O labor do actor/actriz na creación é o eixo fundamental da nosa proposta, así como a procura de novas linguaxes, próximas ao espectador e á actualidade.

Entendemos o teatro desde o encontro e o diálogo do equipo artístico, vinculado desde hai anos e cunha linguaxe común. Unha aposta forte tamén polos creadores galegos.

Os Náufragos nace con raíces fortes, cunha traxectoria consolidada dos seus integrantes e cunha vocación de proximidade co público.


Contratación

Gustavo del Río
639 463 730
osnaufragosteatro@gmail.com
Web1
Web2
Web3

Descargas