AGADIC Xunta de Galicia
Galicia Escena Pro

Galicia Escena PRO (GEP) é o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, esta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.

Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial do sector, así como a proxección social da creación escénica. Con estes mesmos obxectivos como meta, celebra a súa cuarta edición do 12 ao 15 de xuño de 2017.

Inscrición Inscrición
FORMATO COMPLETO Inscricións do 28 de marzo ao 11 de abril (15 h) Para espectáculos escénicos estreados entre o 1 xuño de 2016 e o 15 de xuño de 2017. Poderanse presentar, así mesmo, espectáculos para a súa estrea en Galicia Escena PRO. Inscríbete
PITCHING Inscricións do 28 de marzo ao 11 de abril (15 h) Presentación de proxectos escénicos con data de estrea posterior ao 15 de xuño de 2017. Durante seis minutos, a compañía poderá presentar, ben de forma oral ou apoiada por medios audiovisuais, o seu proxecto. Inscríbete